lunes, 31 de julio de 2023

LIBERDADE DE ELECCIÓN


  Escoitariades falar moitas veces da propiedade conmutativa da suma, alguén ata sufriría pesadelos con aquelo da orde dos sumandos non altera...

   Non vou darvos hoxe unha clase de matemáticas, nada máis lonxe, pero como parece non ter gañas o merlo de saír do niño e votar unha cantarela.

  Tampouco amenceu o día para tirar a toalla nunha praia, nas Brañas segue chovendo, mágoa, en algo teño que perder o tempo e fágoo espallando ao vento unhas poucas verbas.

  Como di a miúdo o merliño, a ledicia que un sinta vai depender moito máis de nós que do sol ou da chuvia que caia.

  Votando man dunha viñeta do Carrabouxo, retranqueiro onde os haxa, fixen unha composición que me da pé a un pensamento sobre dous xeitos ben diferentes de enfocar a vida...

  Ollala pasar sentados ao lado do noso can, ou subir nas alas o cartafol das ilusións e voar na procura de soños, cada quen ten LIBERDADE DE ELECCIÓN.

  Para que digan que a orde nada cambia...

  A ti que che parece...?

  

  O Paraíso existe




                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario