sábado, 15 de julio de 2023

IDIOTAS


  Non iamos saír hoxe a escena, pero as contas da casa non sempre dan coas da praza, decía miña avoa Luisa...

  Mentres o merliño dende o cumio do vello graneiro espalla os primeiros trinos na aldea, co cartafol das cores colgado das alas levántase o sol para pintar de amarelo o ceo das Brañas, segue seu camiño o verán...

  O fillo de Xulio e de Amparo, tamén vai seguir ao seu, mesmo a máis dun lle vaia picar o coiro...

  Que rasquen aqueles que onte, paseando  pola ribeira, votaron unhas gargalladas cando me ollaron tirando unhas fotos ao tempo que esbardallaban: "Aí ven o loco das reflexións e das fotografías".

  Mal sabían que na póla dunha palmeira había un merlo escoitando, outr@s din que na mesa dunha terraza tomando unha cervexiña fresca en boa compañía...

  Pasa deles, Xocas, comentoume máis tarde. Saíron da boca duns falabaratos que se cren por enriba do ben e do mal, non do cerebro que non teñen. 

  Amigo merlo, prefiro os páxaros da miña cabeza revoando libres polo aire da  imaxinación, debuxar nun papel con verbas os sentimentos que os amenceres e solpores provocan na miña Alma, que as xaulas nas que están presas esas mentes catetas...

  Quen son eles, merliño, para xulgar a vida dos demáis sen haber calzado os seus zapatos...?

  Non poden ser máis IDIOTAS...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario