sábado, 15 de julio de 2023

CONSENTEMENTO


  Bos días, Amigo Xocas.

  Serán para ti, merliño.

  Vexo que segues encarraxado polo acontecido antonte, Xaquín.

  Non espertei de moi bo talante, larpeiro, e a elo axúdame a chuvia que no Val está caendo.

  Recorda, Xaquín, que o día depende moito máis de nós que do tempo.

   Amigo merlo, pasei unha noite oscura, pensando no por qué de tanta inquina, e non atopo unha resposta medianamente intelixente, será que son un pouco cortiño.

  "Ladran, camiñamos", é un bo xeito de enfocalo, como decía o Amigo Ramón Brea no seu comentario...

  Mentres ti rompías os miolos, eu tiven unha pequena charla cun Amigo, xa sabes que as noites dan para moito, Xocas, e baixo a lúa podes atoparte con persoeiros interesantes. Un dos máis observadores é o moucho, que cando di algo é para ter moi en conta...

  Con aqueles ollos que o ven todo, e sen mover un só músculo do careto doume para ti un recado: "Dille a Xaquín que ninguén pode facerlle dano sen seu CONSENTEMENTO, así que un bo recurso para seguir iluminando a Alma cada abrente é o de eliminar da súa vida todo aquelo que poida quitarlle o sorriso".

  Fala pouco o condenado, pero fíxase en todo, Xocas.

  Carallo, merliño, como controla...!!

  

  O Paraíso existe 




No hay comentarios:

Publicar un comentario