CHOVÍA
Hai atardeceres que son presaxio...? Fronte á catedral de Santiago, nen o canto do merlo oía...
Xa na aldea, pola noite coa calor, conciliar o soño foi un tormento, cando de súpeto un sorriso acudiu a meu encontro, a auga tan desexada fixo acto de presenza...
Nada comparable co cheiro a mollado, da herba recén cortada na horta, e dos soños...
A chuvia, un segredo a berros que fai da Nosa Terra un paraíso que namora, unha larpeirada...
A razón pola que din que Galicia é un verxel,
un romántico poema...
Un anaquiño de ceo, tamén para os ateos...
Morriña para Almas lonxanas, saudade...
Arte, din en Compostela.
Mesmo non cante o merlo na Ferradura, hai atardeceres que son presaxio...?
Espertei de noite...
CHOVÍA...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario