Logo de dous longos meses, canta o merliño de novo...
Segue camiñando a primavera, e o merlo i eu reflexionando entre tormentas neste luns de zapateiros...
Foise o mes das flores sen o goce do seu arrecendo, pero a vida é demasiado fermosa para deixala ir polo sumidoiro por culpa de persoas que non paga a pena que as escoites...
O sol asoma cada novo día para iluminarnos, darlle calor ao niño e forza ás alas do merlo para seguir voando.
Esperto moi cedo coma cáseque sempre, cánsome de dar voltas na piltra cos miolos fumeando antes de votar o pé fóra...
O Val aínda non espertou á vida, pero o merlo leva xa cantando un bo anaco de tempo.Ten a aldea revolta co seu trino, semella unha metralleta de balas de papel con consellos que, ao parecer, só eu entendo...
"Por aquí, por aquí, Xocas..."
Cánto voto de menos seus consellos os días que non está para guiarme polo camiño a percorrer cara ese destino que nunca debe ser casualidade, e sí unha decisión tomada con frialdade.
A elección de proxectos que poidan facernos felices, e o camiño que conlevan, debe ser sempre ben analizada, Xaquín...
De nós depende o xeito de interpretar a vida i elexir en cada momento aquelo que nos realice como persoas e nos encha de satisfacción...
Ningunha decisión é sinxela de tomar, pero por moitos atrancos que sentas que che poñen diante, nada é irrealizable para aquel@s que perseveran...
Tampouco vai ser eterno, pois todo chega. Pero que non sexa outro quen poña data de caducidade aos teus soños, e cando chegado ese momento votes a vista atrás poderás sentirte satisfeito por unha labor feita con esforzo reflexada no graneiro da Alma...
Non atoparás almofada máis cómoda, Xocas.
Levántome logo de dar mil voltas na cama, co merliño cantando e a lúa das flores e as estrelas decindo adeus no Val ao abrente.
Amigo Xaquín, non chegou aínda o momento de decir definitivamente voume, por moito que algún o desexe.
Eso pensaba eu tamén, Amigo merlo, logo de escoitarche a ti e as xílgaras que revoan arredor dos meus miolos aconsellándome...
E mesmo desafine coma o galo presumido que cre gobernar o "galiñeiro", vou continuar co CANTO MAÑANEIRO ata que decida aquí cheguei, momento no que de seguro quedarei coa satisfacción do deber cumprido, a recompensa polo sementado e tratado de coidar con todo o esmero do que é capaz un mal picapedreiro...
Mentres, merliño, o ata sempre co que algún enchería o bandullo de ledicia agora mesmo terá que esperar, ben que o sinto...
Ten alas aínda o merliño para andar na procura da bicada, unha preada para el i os seus...
Canta de novo neste luns de zapateiros...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario