Señor excelentísimo portavoz do noso grupo que nos abanderas con tanto señorío..
As matemáticas dánselle moi mal, porque mira que ata cinco calquera neno sabe contar.
Como de sabios é rectificar, podería comenzar xa, posto que entre o público estaba un excelente narrador , admirado compañeiro que se lle pasou mentar.
E a min o nome que me puxo o meu padriño, xa o acepto con resignio, así que, para a próxima representación si me ten que colar nun escrito, Manuela sería digno para desconocidos.
Atentamente, reciba unha cordial reprimenda de esta servidora da igualdade de ferramentas, que considera que a hora de sumar, ningún resta.
Mano Figueira

No hay comentarios:
Publicar un comentario