martes, 11 de abril de 2023

REFLEXIONAR

 Canta o merliño unha melodía feiticeira, empeza a clarexar o Val...

  Fai días que a primavera está xa con nós, nada máis axeitado para sacar de enriba as escamas dun inverno que semellaba non querer rematar...

  Chega falando ese idioma de cores e música que non se olla nen se escoita, témolo que sentir.

   Cada novo amencer nas Brañas é un arco da vella e son de violíns, alimento para Almas necesitadas, Xaquín. 

   O mellor relaxante, que trae sempre consigo, merliño, un tempo de silencio e reflexión, a Semana Santa, "Paixón e Vida" para o espíritu dos creíntes na fe de Jesucristo, que comeza co Xoves Santo mañá.

  Imos facer o merliño e máis eu un impás, necesitamos tamén REFLEXIONAR...

  Uns exercicios espirituais nos que pór en valor un xeito de ver a vida, tratar de fuxir daquelo todo que nos nuble a vista, e sobre todo das tenebras que envolvan a Alma...

  Deixar a un lado a vanidade, ese halago que enxendrou o demo para que nos creamos o que non somos, e que para algúns foi o que onte escribín, nada máis lonxe do que pretendía co post.

  Non será polas veces que che canto o de caladiño estás máis guapo, Xaquín.

  Amigo merlo, a ollos dos que non ven máis alá dunhas verbas escritas, semellas ter a razón.

  Perderémonos uns días por recunchos da nosa fermosa Terra que nos apetece coñecer algo máis...

  Axeonllarnos diante da "Procesión dos Caladiños" pode que nos sente ben ao merliño e a min...

  Deixaremos de andar polas redes, para voltar a semana que ven, se é posible, con máis gañas de cantar...

  Mentras, aí deixamos o amencer de hoxe, un arco da vella sobre o que soñar...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario