sábado, 15 de abril de 2023

MARINO!!!

 

                  

Que o sol te ilumine

polas sendas da vida

i poder sortear

as pedras do camiño

 

que se calmen os mares

para ti, navegar

repartindo amor

mesmo en pleamar

 

no teu “gran” navío

alonxado da terra

saberás distinguir

cando sople Fisterra

 

sexan mares en calma

ou embravecidos

aferrado ó timón

cal marino mercante

 

non importan os ventos

que sople poniente!

Ti avanzarás

coas velas o vento

 

¡temerario marino!

ti nunca te vences

navegando sin fin

por mares y lagos

 

alonxado da terra

coa túa gamela

simulando un navío

co teu barco de vela!!!

 

  Miguel Alberto, 2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario