sábado, 4 de marzo de 2023

UN ESPERTAR DE CÓXEGAS


  Xélida e ardente a un tempo, a noite da para tanto...

  Contoume unha estrela que estades feitos de medos e soños, Xaquín. Cales prefires vivir ?, pregúntame a lúa antes de desaparecer no horizonte.

  Caladiño, rememoro o voo do merlo e a xilgara...

  Unha viaxe de dous corpos xunguidos polas alas da paixón, ardendo ata o amencer no lume do inferno...

   Sempre escoitei que había un castigo ou un premio trala morte, non sei o que lle espera ao merliño no máis alá tralo apaixoado voo.

  Se o inferno é o que vivín ata a madrugada non quere outro ceo, Xocas, canta o merlo mentras se espoldrexa no niño.

  Tamén escoitei, non sabería decir onde, que dous silencios que se entendan poden ser unha boa conversa á espera do disfrute dun albariño e un mencía pendentes.

  Tras unha noite de soños ardentes un ESPERTAR DE CÓXEGAS, co corazón do merlo latexando aínda acelerado mentras olla como baixa o Ulla bicando con paixón as canaveiras;

semella ter tempo de sobra para todos a lúa ensoñadora, que se marcha cun sorriso e un soño por resposta.

  Abro os ollos, levántome, dende o balcón da Alma miro as Brañas...

  Amence no Val un marabilloso día de primavera...!!

  

  O Paraíso existe 



No hay comentarios:

Publicar un comentario