domingo, 19 de marzo de 2023

CADA LOCO CO SEU TEMA

  Por amenceres así madrugo...

Tic, toc..., escoito ben cedo nas Brañas, debe ser o reloxo que cada mañá as esperta...
O máis bello que a Natureza nos mostra, merliño, non pode ser visto nen escoitado, só pode ser sentido alá dentro...
A metade da beleza depende da paisaxe, a outra metade da Alma de quen a ten diante...
Que estou de atar estarán pensando algúns agora mesmo, que necesito unha camisa de forza por levantarme un día tras outro para escoitar o canto dos páxaros e inmortalizar o abrente...
De manter unha conversa contigo xa nada digo, Amigo merlo.
Nen caso, Xaquín. Son aquel@s, que nen ollan nen escoitan, nen senten... Mágoa non teren Alma.
Tic, toc, tic, toc...continúa o esquivo páxaro carpinteiro tratando de votar do niño aos máis dormiñeiros...
Non é o meu caso, espéranme en Bueu, boa terra mariñeira, unhas culleradas de boa mel, madrugan tamén "As Abellas" hoxe...

CADA LOCO CO SEU TEMA...!!

O Paraíso existe





Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario