miércoles, 1 de marzo de 2023

BELEZA LOURA

 Naquela miña tristura

por perder un doce amor

a cambio gañei dulzura

do teu tenro corazón


iba a solas pola praia

pensando en cousas banales

eu non buscaba outro amor

máis de pronto...alí estabas!


Camiñando pensativa

cos teus peciños descalzos

na procura dun rapaz

pra unir os corazóns


foiche cousa d´unha hada

ou pura casualidade?

atoparte no areal

coa túa beleza loura


naquela dor que sufria

por haber perdido tanto

apareceches sen máis!

pra librarme do tormento


quedei prendado de tí

da tua voz de soprano

esa alegría que irradias

ese amor que ti profesas


os dias foron pasando

i aqueles atardeceres

comencei a namorarme

sintindo dulces placeres!!!


  Miguel Alberto, 2023



No hay comentarios:

Publicar un comentario