miércoles, 8 de febrero de 2023

VAN ALÁ CÁSEQUE 27 ANOS, A DE AUGA QUE CAEU...


  Non tiña hoxe o meu mellor día para poñerme a reflexionar, non é o gris a miña cor.

  Tampouco recordo o motivo polo que un 7 de febreiro de fai uns anos subín isto no muro do meu Facebook, salvo que fora polo símbolo de número máxico que ten...

  Pode que  me sentise nostálxico pola  decisión de deixar definitivamente o fútbol como adestrador logo da miña feliz etapa en Noia, algo que fora ata aquel momento un apartado importantísimo na miña vida e que tantas alegrías me proporcionou. Tamén, por que non decilo, algún que outro disgusto, aínda que postos nunha balanza uns e outros non habería cor.

  Non é o caso agora mesmo cando a nostalxia pasou a un moi segundo plano, tampouco os anos perdoan e vexo este mundo do fútbol con unha perspectiva moi diferente, con ollar como disfruta o meu Sol Xoel cunha pelota son o avó máis feliz do mundo.

  Pero entre as poucas ganas de comerme o tarro buscando unha foto para unha reflexion, e que apareceume hoxe isto entre os recordos do Facebook, díxenme  por que non subilo...?

  Foi algo inesquecible o vivido aquéla etapa como adestrador no equipo da que sempre será a miña querida Terra, Taragoña...

  Recordos así fan que en días coma o de hoxe, domingo, con poucas perspectivas, poida sacar o traxe e a gravata do roupeiro...

  "El Abuelo Cebolleta", para uns...

  Un recordo inesquecible para mín...

  Quizais para moit@s outr@s tamén...!!









Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario