martes, 7 de febrero de 2023

ALONDRA

 Miña alondra bonita

onde fixeches o niño?

que a miña palleira está triste

soíña é morta de frío


coas túas fermosas aliñas

co teu piquiño marelo

con esa patiña rota

que che curei este inverno


por onde ficarás agora?

por onde te levará o vento?

volve ó fogar miña alondra

volta pronto que te espero


o inverno xa ficou

tamén pasará o verán

así se nos vai a vida

agardando por quen non virá


ti eres un paxaro

eu son medio animal

pois gústame máis o monte

que “chafardear” pola cidade


gústame sentir a auga

correr polas miñas maus

cando de cativa lavaba

a roupa de meus irmáns


xa pasaron moitos anos

dende a primeira vez

que ti fixeches o niño

tras a palleira de Inés.


Paki Espiño,2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario