viernes, 27 de enero de 2023

FIEL REFLEXO


Vou dando un paseo pola ribeira do río ata o viaducto de Catoira, un apacible e moi fermoso lugar onde relaxarme deixando voar a mente...
Observo dende o alto como baixan as augas do Ulla tranquilas, son hoxe espello no que se ven reflexadas as Torres de Oeste sen poses que leven a engano...
Non hai vento que levante olas nas que agochar o seu máis ca evidente deterioro...
O merlo, que me coñece e sabe que estou afectado, sospeitaba onde atoparme.
Deberían as persoas, Xaquín, actuar do mesmo xeito, fuxir das maruxías que forman ás veces co fin de reflexar un interior que non se corresponde coa Alma que teñen dentro, canta votándome a man polo lombo a xeito de consolo.
Tes razón, Amigo merlo, nosos actos deberían ser un FIEL REFLEXO do noso interior, pero non sempre é así desgraciadamente, por elo se fai cada vez máis difícil confiar nas persoas.
E tanto, Xaquín...
Ata os cegos prefiren que sexa un can quen os guíe...!!

O Paraíso existe




Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario