Camiñando cos pes descalzos
camiñando vai pola area
quen coñece esa rapaza?
Quen veu a miña Carmela?
Debuxando a sombra na rocha
bicando coas mans as estrelas
camiñando soiña na noite
deixando atrás a súa aldea
onde vas miña namorada?
Que tan soiño me deixas
a noite xa foi morrendo
atopóume o sol na eira
cantos dias pasarán
hasta toparte de novo
non sei con quen andarás
esquencéndote do teu mozo
as mans ficaron valeiras
os bicos xa non teñen dono
a onde van os amores
cando os deixamos orfos?
Paki Espiño,2023
No hay comentarios:
Publicar un comentario