Pasou de longo, merliño.
Vaia careto, Xaquín. Tivestes unha mala noite...?
Amigo merlo, como queres que me atope entre a chuvia que xarrea e que non me tocou nen unha triste pedrea.
E ti fostes seminarista, Xocas...? Adicástelle pouco tempo á lectura das sagradas escrituras, non me estraña que tiveras problemas cos curas...
Di a Biblia que moitos son os chamados e poucos os elexidos, se enriba eres un roxo que vai pola vida despotricando, como vai tratarche ben a sorte...?
Estás excomulgado, esas cousas tócanlle sempre aos demais, así está escrito nas táboas da lei das probabilidades...
Pero vou facerche unha pregunta. Cántos décimos comprastes, Xocas...?
Merliño, non sabía que tiña que mercalos, pensei que con pedir que me tocara vendo pasar unha estrela fugaz era suficiente. Xa non están de moda os oráculos...? Os políticos din que funcionan.
Así vos vai, Xaquín. Era o que me faltaba por escoitar hoxe, o paso dos anos voltouche pillo de máis, ou lelo de todo...
E di que onte pasou de longo a lotaría coma sempre. Anda que nos vin parvos, pero pensar que con mirar as estrelas ía tocarche é para nota, Xocas.
Púxome colorado o merlo, non sei onde meterme. Rascarei o peto para o sorteo de Reis, pode que a sorte teña piedade dun parvo...
Hoxe, chamado o día da saúde para tod@s @s non elexid@s onte pola variña da sorte, aproveitarei para felicitarvos as festas...
De pouco vale ter os petos cheos de diñeiro se non podemos disfrutalo, a SAÚDE é o que de verdade importa...
Feliz Nadal e Aninovo...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario