Acaba de comezar o soniquete e xa estás pensando que o importante é ter saúde, Xocas. Así non pode tocarche...
Confía, home de pouca fe, que nun momento dado se pare o marteleo dos mil euros e apareza o dos catro millóns coincidindo con algún dos números que tes gardados no peto...
Hoxe, alguén mirará pola fiestra e verá de fronte a ponte da sorte, podes ser ti un deles.
Senón que sentido ten que cada ano xogues uns euros na lotaría de Nadal...?
Porque non quererás decirme que é para axudar a encher a caixa de Facenda. Sería o primeiro caso dalguén que no País da picaresca, da que nos puxo en antecedentes fai un bo feixe de anos Quevedo co "Buscón don Pablos", contribuira dun xeito voluntario, jajajaja..., levantaríanche unha estatua.
Será mellor que abras as alas e lisques merlo do carallo, o único que teño gardado no peto do pantalón é o tirapedras, coidado.
Semella, Xaquín, que non espertastes de moi bo talante, debe ser a chuvia. Con ese careto non se acerca a ti nen a pedrea...
MIL EEEEUROSSS...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario