Non pode ser doutro xeito...
Nunha rama da maceira, ao pé da vella graneira, canta o zalameiro merliño...
De impoluto frac negro e gravata amarela, do seu peteiro sae un trino de esperanza no mañá...
Sobre o Xesteiras, testigo do seu bello canto dende outra banda do río, o rei mago sol tenta pintar no ceo un vermello sortilexio, anticipo da noite que está por chegar...
Por altas que estén as pólas das árbores onde aniñen, sempre disposto a voar, leva o merlo colgado das alas paleta e pincel, para darlles cor aos máis bellos soños que a Alma sexa quen de imaxinar...
Por forte que sople o vento e auga que caia no Val, hoxe pinta para tod@s vós un lenzo de cores e ilusións, non pode ser doutro xeito no día que remata coa Noiteboa...
Por elo querid@s Amig@s, cun sorriso na Alma, dos beizos do seu corazón sae un trino de bos días e o desexo que disfrutedes, na mellor compaña que a vida teña a ben, dunha marabillosa NOITE DE NADAL...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario