martes, 13 de diciembre de 2022

FUXIR

 Pode que a lúa deformada fora un presaxio...

  Sígolle dando voltas ao acontecido moi de mañá neste chuvioso luns de zapateiros.

  Síntome atado de pés e mans, merliño. Non sei se por culpa dun feixe de medos e dúbidas, ou dalgún trauma por resolver...

  Quixera decirlle todo cánto sinto mirándolle aos ollos, pero non son quen. Quizais pola noite cun par de cubatas...

  Escribo de vez en cando nas redes sociais sentidas historias nas que os dous somos  protagonistas porque sei que xamáis as vai ler, e chegado o caso penso que non sería capaz de interpretalas, do contrario tería pechado o tinteiro...

  Ti ben sabes, Amigo merlo, que non forma parte das miñas cualidades o atrevemento...

  Debo martirizarme por elo.?

  Falabame así un Amig@ esta mañá ben cedo, quizais tivese a culpa a estraña figura da lúa onte á noite...

Custoume reaccionar e non fun capaz a darlle unha resposta, mágoa.

   Non son Elena Francis penso agora para min, quizais como xustificación, mentras trato de pórme no seu lugar...

  Hai persoas que nos arrepían a pel, e cal é nosa reacción ante os calafríos que nos provocan no corazón...?

  Uns, abrir as alas e voar a buscalas...

  Outr@s, abrilas para FUXIR...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                             Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario