Démoslle hoxe a benvida ao inverno, merliño.
Eu diría máis ben, Amigo Xaquín, que despidámolo outono, porque o inverno, disfrazado, onde vai que chegou...
E con saña, mira que cae auga, semella que teñen os ceos contas pendentes con vós...
Nada estraño, por outra parte Xocas. O comportamento que tedes coa nai Natureza ben merece un bo castigo de cando en vez.
Teño que darche, merliño, a razón unha vez máis. En calquer caso benvido o inverno, non porque sexa amigo del, senón porque queda algo menos para a chegada da primavera, pola que a miña Alma suspira dende que se foi...
A pesares, Amigo merlo, de que a chuvia, e o frío que aínda está por vir, se empeñen nunha cruzada contra nós, coma bo saxitario sempre atoparei o xeito de pintar sobre o gris un arco da vella que dende a graneira extenda seus brazos para alimentarse nas augas do Ulla, e iluminar así todo o Val...
FELIZ INVERNO, querid@s Amig@s, tamén para tod@s vós...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario