Descansan no banco as subelas...
Semella, merliño, que tamén a chuvia quere darnos unha tregua neste luns de zapateiros...
Ríame eu onte do "diluvio universal".
Chova ou non, Xocas, hai que abrir as alas, SEN VOAR NON SOMOS NADA.
Terei que facerche caso. Que me propós, Amigo merlo, para o día de hoxe...?
Que che parece, Xaquín, un percorrido pola ribeira do Te esta tarde..? É un fermoso roteiro no que atoparás imaxes evocadoras que van recargarche as pilas.
Pode que se queixe o corpo, larpeiro.
Pero será un pracer para a Alma, Xocas, ir pisando o manto ocre que forman as follas deixando espidas as polas das árbores, mentras escoitas o murmurio da auga acariñando as rochas ...
Coa cámara colgada das alas, ir sen ela é un pecado, empeza o recorrido na ponte de Te e segue río arriba ata onde o corpo diga basta...
Oxalá non sexa antes de chegar a Pozo Bastón, un anaquiño de ceo arriba da Ferrería, un diván no que recostar a Alma...
Pero recorda que se non sabes ollar as cores, de nada vale que a Natureza che regale un marabilloso arco da vella en calquer recuncho do río...
O paseo é relaxante, e para elo só necesitas ollos para mirar, oídos para escoitar, Alma para sentir e ganas de camiñar, Xaquín.
Merliño, vou pór a secar as alas...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario