Nun receso que nos dou a chuvia onte á tarde, dando un paseo pola beira do río, debaixo duns castiñeiros atopeime co que semellaba ser unha fermosa aldea de pitufos...
No cesto de corres que levaba na man, xunto a un pequeno coitelo, tiña tamén unha cámara de fotos.
Ía votar man dela cando escoito que o merliño canta, non podía ser doutro xeito, nen Pablo Milanés elexir mellor día para irse que o de santa Cecilia...
Máis que trino semella unha orde, Xaquín, non lles toques !!
Non tiña pensado, só quería tirar unhas fotos, larpeiro. Tamén entendes de fungos.?
Son amanitas muscarias, fungos velenosos, embaucadoras de fermosas cores, que producen alucinacións se as comes...
Por outro lado están decíndonos coa súa cor vermella, que son perigosas, que lles tires fotos se queres, pero que sigas o teu camiño e que lles deixes a elas seguir o seu. A sabia Natureza fálanos de moitos xeitos, Xocas.
E quen mellor ca un páxaro para entendela, jajajaja.
Non te rías. Voteiche esta parrafada porque me ven ao pelo para a reflexión de hoxe. Escoita ben o que digo, xa que en acertar, Xaquín, vainos moito...
Ás veces, os cogumelos non son o que parecen a primeira vista, e un escaparate pode non ser unha mostra clara do que hai dentro...
Pasa o mesmo coas persoas, e un rostro fermoso non sempre leva aparellada unha Alma boa, nen un menos agraciado ten que falar dunha ruín...
A fermosura lévase dentro, non te fíes dos escaparates, Xocas. OLLO Ó PIOLLO, pois parece que coa nosa raza a Natureza non é tan sabia, por elo acertar na elección da persoa adecuada é tan complicado.
Amigo merlo, dubido que ela teña a culpa...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario