Cando o meu corpo xeado
a pousar nas tebras vaian
que non me ornen coroas
nin acios de rosas brancas.
Marcharei tal como vin,
sen espaventos, calada,
senlleira e desprovista
de toda carga mundana.
No chan deixo a podrecer
a vaidade, a coiraza.
Iréi núa e liviá:
a bagaxe non me lastra.
Tras de min non hai riqueza,
non me afanéi en buscala.
Porque nada é meu cadal
deixo afectos por herdanza.
Moreas de mornos bicos,
os apreixos a carradas,
aloumiños sen medida,
feixes de tenras palabras.
Acaso alguén me lembre
cun sorriso na faciana
e de min diga que fun
boa persoa, máis nada.
Ou, quizáis, o meu pasar,
non grave en ninguén pegada
e nin un recordo viva.
Daquela ¡Qué Deus me valla!
Silvia Figueiras Dovalo
No hay comentarios:
Publicar un comentario