domingo, 27 de noviembre de 2022

DE LOITO

 Que mal fixemos, Amigo merlo...?

  Foi unha noite longa...

  Paseina pensando cánto mellor fora non cruzar a ponte...

  Hoxe amenceu o Val con chuvia, con néboas a mente...

  Hai días nos que caen as bágoas polas meixelas da Alma, e non sabes con que panos atallalas...  

  Difícil pórlle remedio cando descoñeces que leva a ese trato tan distante...

  Como se non existiramos, e non ven de onte...

  Hai días nos que me fago preguntas para as que non atopo respostas...

  Dime ti, merliño, que mal fixemos para merecer esto...?

  Só escoito o silencio, o merlo, triste, non canta.

  A pesares, é domingo, traxe e gravata...

  DE LOITO, negra, a da Alma...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario