Non chores neniña
polo amor perdido
ti non teñas pena
voltará axiña
quizais diferente
é tamén máis ledo
máis será un amor
pro teu corazón
traerá calor
tamén alegría
pra que ti esquezas
as penas sufridas
non chores rapaza
polo amor fuxido
ti non sintas pena
por algo nocivo
amores pasados
choiva do estío
ríos desbordados?
Non moe o muiño!
Ti vive no gozo
de esta corta vida
non mires atrás
neste día a día
rapaza galega
non sufras a perda
os falsos amores
serán esquecidos!
Miguel
Alberto,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario