Amigo merlo, a imaxe que hoxe mostro ocupa un lugar principal na cabeceira do meu corazón...
Cada persona é un mundo, con un modo diferente de interpretar o que ve, mesmo algúns nada verán...
Din que hai miradas que matan, e outras que teñen a capacidade de rexenerar...
Tamén lugares...A Costa da Morte pode ser un Paraíso para os sentidos, pero a paz e calma non son algo moi habitual. Sin embargo, merliño, desconectar dos problemas é algo moi sinxelo alí.
Hai lugares que son poesía para os ollas da Alma, e miradas que son sinais de complicidade, Xaquín.
Cánto vai falarnos, merliño, unha imaxe que xunga lugar e miradas, poesía e complicidade, como ti dis...
Muxía, ao solpor, abre a porta da gaiola e deixa que as Almas poidan saír a voar...
A música que compoñen a forza do vento e o murmurio das olas do mar, obríganos a bailar agarradiños da man...
E as miradas...Ai, merliño, as miradas...
Son o resultado de ter a sorte de disfrutar xuntos, diante da inmensidade do océano e da pedra de abalar, da singular beleza dunhas cores que a nai Natureza tivo a ben pintar...
De ser cómplices, merliño, dun feitizo que nos fixo voar, e sentir a tenrura das CÓXEGAS NO CORAZÓN...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario