Quizais o esencial no ollemos ás veces, pode que só vexas un xirasol...
O persoal xeito de interactuar co medio que nos rodea falará moito de nós, de como interpretamos a vida.
Desexas ollar o voo das bolboretas, ou escoitar o melodioso trino do Amigo merlo...?
Ti decides se votar man dun trueiro e unha gaiola, ou prantar árbores e flores e transformar o xardín da túa Alma nunha eterna primavera.
Quizais o esencial sexa en ocasións invisible para os ollos, pero temos sentimentos...
Todo na vida é cuestión de PERSPECTIVA, e cada quen decide o que realmente para a Alma é importante.
Traxe, gravata, é domingo.Voume á horta para falar co merliño larpeiro...
Votoulle o ollo ás pipas dos xirasois...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario