Na fermosa aldea
onde me criei
topei o cariño
dos nosos avós
de vellos e mozos
en frios invernos
ó pé da lareira
comentando historias
aquelas vivencias
quizais... grandes mentiras
certo é que contaban
as súas vaguidades
alí acurrucados
comendo castañas
un grolo de viño
con xentes extrañas
máis todo forasteiro
alí achegado
era recibido
con todo cariño
eu cumpría anos
ó calor do fogar
grabando na mente
os acontecementos
e así fun medrando
entre xente maior
agardando o gran día
de ser eu..un gran narrador!
Miguel Alberto,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario