martes, 18 de octubre de 2022

O EVENTO

 

Diorrrrrrrr mío!

Que estrés ! que dijo estrés?Escatro.

Esto de andar correndo para todos os lados sen chejar a ningures estame poñendo coma unha moto.

Teño un evento moi importante  ( dinlle eu esa categoría), e necesitaba un vestido elegante así que me dispuxen ( cando o turno no traballo me dou un kit kat, e o coche saleu do taller) a ir a unha boutique desas de renombre. 

Duchada , peinada e ca cara resién lavada , tirei millas para o municipio en cuestión.

Puxen un pantalón de chándal para as presas e non enredar no probador , e un jersey de lana porque como chovia, pareceume a ocasión de estrenalo. Alá lle apareso na porta a señora dependienta , cando ma abreu, non pudo disimular un rictus de desagrado pola impresión que lle causei a jolpe de vista ( claro ,non calculei tanta finura xunta), forzou un sorriso e preguntoume se tiña cita,  a resposta foi negativa porque non che sabía eu desa necesidade.

Mandoume a tomar viento fresco unha hora , porque tiña unha clienta con cita e atendían así.

Jiadiña que son , salín con aquel tempo a mirar escaparates e no retorno un coche pasou como para ir a por churros sen querer que se  lle enfriara o chocolate , pisou unha posa  de ajua  que me colleu a min na portería sen ver vir o balón. 

Desa guisa chejei á tenda, á señoriña case lle da un sabakuco.

Aquela mirada súa estaba perdonándome a vida de santo milajre.

Invitoume a probar unha serie de vestidos moi glamurosos e o primeiro foi un verde pradera de los Alpes  ou dos Apeninos ( non estou moi sejura).

 - Tienes un tomate en el calcetín .

Dime a esnob poñendo os ollos en blanco , e eu mirei pos pes e vin a uña do dedo gordo asomando a saludarme  con premeditación e alevosía.

A doña subeume a cremallera na espalda mentras eu aguantaba a respiración e ó soltar o aire rompinna sen piedade.

Non tiña máis talla e pasei ó azul como el mar azul que cantaba aquel fai uns anos ,non vou a entrar en detalles pero os que me valían da cintura non me cerraban no peito e unha hora despois de entrar na tenda a duquesa de las ventas estaba dos nervios e eu hiperventilando e sudando tinta de calamar .

Cando xa me dispoñía a tirar a toalla ( máis por medo de cómo a cara lle pasaba do pálido ó cenizo e deste ó morado asfixia, que pola impaciencia) sacou da chistera un vestido de infarto , que posto  deixoume impresionada , tanto como cando pasei a tarjeta bancaria.

Cando salín pola porta a  reina  pija fechou con premura por si se me daba por volver a entrar e eu co bolsillo pulido filei para o meu coche contenta de topar por fin  o meu vestido de novia.

Pero esa...é outra historia.


Mano Figueira






No hay comentarios:

Publicar un comentario