martes, 11 de octubre de 2022

FOCHICANDO

 Tratarei de ser moi breve...

  Córrelo risco de saír mal parado se te metes sen permiso en casa allea. A pesares, aquí vai hoxe o canto do Amigo merlo en xeito de consello.

  Non esquezas, Amig@ da Alma, que ti, e só ti, eres don@ dos teus pasos...

  Segue o camiño que che marca o cerebro que levamos enriba dos ombreiros, aínda que agora mesmo o que temos máis abaixo che propoña viaxes polas luces de farolas máis brillantes...

  Quizais de inicio vexas un ceo cheo de estrelas; mira máis adiante, e pensa no que vai quedar cando xa non alumeen...

  Pode que te des conta tarde de que perdeches a lúa, por andar FOCHICANDO nelas...

  Que che guíe a luz deste sol, máis de verán que de outono, que nos deixa unha máxica postal do Val de Rosalía, como guiou a pluma da máis grande Poetisa que bicou estas terras.

  Non há faltar quen escoite o canto do merlo Amigo, no aire queda voando...

  O bo, se breve...

  O bo perfume, en tarro pequecho...!!

  

  O Paraíso existe 





                                                              Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario