Como esquencerme de ti
no ocaso d´esta vida
vida que pasou axiña
sendo eu un peregrino
inda lembro os quince anos
cando os Deuses nos xuntaron
tí, cal Anxo descendido
pra acompañarme ós altares
aqueles doces momentos
onde todo era ilusión
aqueles fermosos anos
froito do teu corazón
foi a nosa xuventude
d´alegría e gran amor
aquelas tardes xuntiños
no paseo do Espolón
nos...tan agarradiños
sen verbas que pronunciar
paseos interminables
a carón do Río Sar
foron anos de ledicia
e de gran felicidade
máis...o destino estaba escrito
d´este pobre camiñante.
Miguel
Alberto,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario