Ó pé do cruceiro
na fermosa aldea
xogaban os nenos
a ricos e pobres
na súa inocencia
eles divagaban
lonxe de saber
que significaba
tamén preguntaban
“si só é papel
é moedas de cobre
para qué se usa?”
Na mente dun neno
hai moita razón:
trocar o papel
polo noso sudor!
ó pé do cruceiro
coas súas parolas
seguian falando
de cartos e ouro
de historias oidas
en noites de lua
nas súas lareiras
cheos de preguiza
aqueles avós
con miles de historias
cheos de galbana
e petos baleiros.
Miguel Alberto, 2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario