- Ay, Maruxiña, tela quente ou tela fría?
* A ti nunca che deron un sopapo así, a cañón, non Mauro?
- Muller, non te me poñas así, que era para meterme contijo.
* E por qué non te metes cos da taberna que che están máis afeitos?
- Porque ningún che ten uns ollazos coma os teus , ruliña.
* O que eu che dija , ti andas chamando por elas e valas topar todas dun juantazo !
- Estás hoxe aljo violenta.
* Máis ben , violentada.
- Eu non che son home de jerra Maruxa, sonche do amor.
* O que me faltaba por oír hoxe , a burrada padre , ti non es o que vai casar para o mes ca Antonia a bicha?
- Son, pero eso non ten que ver con ter contijo unha amistade cariñosa.
* Mira barrabás, lárjate antes de que te presentes á boda cun ollo de vidrio templado!
- Elojo, asmo arrincar ti con esas mansiñas tan delicadas ?
* Non home non, voucho sacar ca punta do parajuas se non te me apartas agora mismo!
- Nunca pensei que foses tan peleona muller, de sabelo ijual para o mes ti eras a escolli-da para salir da iglesia coma a miña dona.
* Ijual si sijes por ese camiño salo contijo pero fasendo sombra á túa caixa de pino , para que non derritas coa calor do agosto.
- Deixareite sejir o teu camiño lojo, que muller tan quente non vou ser quen de enfriar.
Nestas que se escoitou un aullido de animal ferido tan esaxerado que fixo sair ós da ta-berna a averijuar que tal cousa pasara na calle e víronche pasar á Maruxa , a filla da sevi-llana , máis tesa cun jarabullo , e detrás , sentado no chan , estábache Mauro , o fillo maior de Raúl o percebe sacando un pe ensangrentado do zapato furado pola punta do parajuas da enfurecida moza, que lle deixaría unha cicatriz e faría que á boda se presen-tase axudado por un bastón, mentras Maruxa sonreía tranquila desde un dos bancos da iglesia.
Mano Figueira
No hay comentarios:
Publicar un comentario