lunes, 16 de mayo de 2022

REFLEXIÓN...MADRUGAR



Ollo fascinado como entre nubes pelexa o sol por facerse un oco e iluminar o Val...
  Coma cada día abro cedo a fiestra, vou na procura de atoparme co merliño e charlar un pouco con el...
  Escoito una melodía feiticeira. Dende a súa atalaia, a cruz da graneira, espalla seu canto.
  Madrugas, Xocas. Non tes onde rañala, jajajaja...Quen diría que tódolos días sexan para ti luns de zapateiros.
  Amigo merlo, espertastes jodedor. Sabes que me gusta MADRUGAR. A meirande felicidade atópoa             escoitando teu trino ao amencer mentras ollo como o sol transforma nun arco da vella o ceo do Val.
  Non me dirás qué as cores do solpor non son tamén unha larpeirada, Xaquín.
  Nada teñen que envexar, larpeiro. Pero para vivilos non teño que levantarme cedo, só abrir os ollos da Alma    chegado o momento e deixarme levar.
  Con ben pouco te conformas.
  A felicidade, merliño, son momentos que nos fagan a vida feliz.
  As vintecatro horas do día, querid@s Amig@s, está cheo deles, cada quen elixe...
  Ollar o sol cos pinceis na man, saudando no horizonte ao amencer ou no solpor, pode ser para os sentidos un pracer dos deuses...
  Así o senten os meus...!!



Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario