Estirei a man e alí estabas,
esperándome como sempre,
a carón do noso lar,
incombustible a nosa leña
que non deixa chegar a friaxe
ó noso amor.
Ledas faiscas brincan arredor
dos nosos corpos e semella
ser sempre moite de San Xoan.
Nunca maxinarei o mundo sen tí
pois tí formas esa parte de min
inesquecible, alí onde vaia iremos,
alí onde durma, dormiremos,
nunca me irei lonxe dos teus ollos
para que cando ti me chames, eu,
chegue axiña.
M. Dolores
Ríal,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario