miércoles, 6 de abril de 2022

O MEU CORAZÓN LATEXA

 

O meu corazón latexa

na procura do cariño

mais non quero amor finxido

ese...non é verdadeiro

 

eu quero un amor sinxelo

que saia do corazón

semellante o de unha nai

con verbas, sen condición

 

un amor con agarimo

tan só, que me sepa amar

con dulzura e bondadoso

dar cariño e respetar

 

un amor que me comprenda

cando eu sufro, e teño dor

que lea os meus pensamentos

cando eu...lle dou amor

 

e con ese amor recíproco

nas dulces tardes do estío

soñaremos en silencio

o futuro de esta vida

 

eu só vivo para tI

para estar a teu carón

para amarte e adorarte

e darte o meu corazón.

  Miguel Alberto,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario