lunes, 14 de marzo de 2022

REFLEXIÓN...GLOBO SONDA

  "Cando chove e quenta o sol,

  anda o demo por Ferrol,

  cunha cesta de alfinetes..."

  Así deciamos de pequerrechos en días nos que o sol pelexaba por facerse un oco entre nubes de tormenta.

  A mesma coa que me esperto hoxe, non de chuvia e vento, senón na mente pola preocupación do que acontece en Ucrania...

  Coma moit@s de vos, supoño, as persoas somos un globo de emocións rodeadas de alfinetes.

  Coidado co globo sonda que agora voa, Xaquín.

  Cres, merliño, que o é a posibilidade dunha guerra nuclear...?

  Non quixera ser páxaro de mal agoiro, pero todo indica, querido Xocas, que é algo moi real esa posibilidade. Co lume da tolemia que o alimenta, o seu voo semella encamiñarse cara a III Guerra Mundial, e de voos coñezo algo, recorda...

  Espero que impere a cordura e o voo dese globo e os alfinetes, que non casan nada ben, sigan rumbos diferentes e non explote, por ben da humanidade...

  Meu desexo, a pesares das verbas de desalento de hoxe, da raza humana xa espero  ben pouco, é que mañá de novo poidas cruzar a ponte do Paraíso...

  Coas alas de soñador que sempre levas ás costas seguro que atoparás un solpor diante do que sorrir e pensar nun mundo mellor, en paz e máis xusto.

  Grazas Amigo merlo polo teu desexo. Con escoitar mañá teu trino dareime por satisfeito, será sinal de que todo está no seu sitio, tamén o globo.

  Coa que está caendo, querid@s Amig@s, de momento xa é bastante. Sigan os alfinetes gardados na cesta, e non vote man deles o demo en Ferrol, nin en Ucrania...

  Oxalá, a pesar das nubes de tormenta que ameazan seu ceo, este solpor do Paraíso sexa presaxio de que o globo sonda desa guerra que podería rematar coa vida do Planeta, teña axiña un feliz aterraxe...

  Un amaraxe na máis fermosa das Rías, tamén valería...

  Por desexar...!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario