lunes, 14 de marzo de 2022

A CEREIXEIRA

 Plantei unha cereixeira,

sen moito pensar no mañan,

xa me vin comer cereixas

mentres fregaba nas mans.


Eu non pensei que os paxaros,

fosen texendo o seu plan,

cos seus cantos de ledicia

ian metóndelle ó gran.


Non se pode aventurar

o que vai acontecer

despois de tan longa noite

sempre chega o amencer.


Regarei a cereixeira

pra que volte a florecer

traerá novas esperanzas

e algunha cereixa a comer.

  M. Dolores Ríal,2022


No hay comentarios:

Publicar un comentario