lunes, 7 de marzo de 2022

RECORDOS DAS FESTAS DA INFANCIA


Naquela mañá, no verán de 2008, atravesei a orela do río, camiñando desde o Pozo da Ponte o Batán. Facía máis de 30 anos dende que non pisaba aquel chan de tanta nostalxia, que cada paso espertou memorias de moita morriña da infancia. Moitos arbustos e vexetación rastreira nalgunhas granxas abandonadas me obrigaron a xogar ás agachadas co río, e atopar outros xeitos máis lonxe da orela. Despois de tomar un baño no Pozo da Ponte, mentres a brisa me secaba, sentado nunha das pedras, pechei os ollos para viaxar a lexana infancia... Volvín a escoitar voces de nenos, os amigos das Mirans -que algúns non están máis neste mundo- ,mentres chapuceaban nas augas claras do pozo, tamén o son da bola batendo que pataleábamos no Campo da Ponte, todo coordinado co canto de merlos, pardais e o zumbido das abellas. A brisa que me estaba secando, arrastraba o cheiro das flores e froitas deliciosas das hortas próximas, o que nos levou a dar o seguinte tiro na horta de un desafortunado veciño antes de saír para a Festa de San Xoan, onde comezamos a dar os primeiros pasos de baile desaxeitados e descoordenados de bonecos eléctricos, para conquistar algunhas das fermosas bonecas de Rabunho e arredores. Polo camiño de Buhia, escoitábamos a orquesta con "bailaches Carolina...o largarto dalle o rabo...", e nada mais chegar, empinamos de golpe unha mirinda de naranxa, fresquiña de aqueles barreñóns con bloques de hielo, frigorífico especial de aquela época. A sorte estaba en mans de San Xoan. ¿Bailas? -pois sí-, respondían algunhas. Duas preguntas obligatorias mais de librillo si a nena era descoñecida: ¿Como te chamas, de donde eres? Ahí acababa a romántica conversación, consolándose cas mans na sua cintura e o cheiro das flores de san Xoan impregnado na sua larga e fermosa melena. Os mais agraciados voltaban pa casa acompañado con ela por aquel camiñino cheo de pedras e de amor, esperando algunha agradable recompensa inocente e infantil. Non había teléfonos Mobil nin ràpida comunicación, e esperaríamos ansiosos co corazón palpitando para volver a velas nas festas de Asados, Taragoña, ou na Guadalupe. ...Cando abrín os ollos despois de percorrer os recordos, xa non me sentín tan só, acompañáronme no meu corazón en esta segunda viaxe a terra Yankee todos aqueles amigos e amigas, os que aínda siguen ahí, e os que se foron para sempre.




Lino Saborido Rial

No hay comentarios:

Publicar un comentario