miércoles, 9 de febrero de 2022

REFLEXIÓN...BENVIDO

  Esperto cedo para ollar que di "Lorenzo" cando asome neste luns de zapateiros...

Sí, o mesmo que onte nos desexaba doces soños cando desaparecía sobre o Barbanza, pintando de cores o Paraíso coa maxia da súa paleta...
Bos días teñades, saúda mentras transforma os ceos do Val nun arco da vella, que lle devolve o saúdo cun sorriso, non é para menos...
Coa súa paleta máxica, ceos, mares e ríos pasan de simples amenceres ou solpores a marabillosos soños na Alma daquel@s que teñen ollos nela...
Un luns de zapateiros, cun amencer de postal, é un bo xeito de voltar á realidade logo da lúa de mel...
Amigo merlo BENVIDO, endulzareiche a chegada cun anaquiño de pan de centeo con uvas que merquei onte para ti no mercadiño.
Querid@s Amig@s, bos días e benvidos tamén para vós é o canto que me sae de dentro neste luns, non sei se por boca miña ou do merlo...
Á postre, que máis da, é o mesmo..!!




   Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario