Esperto tan canso que me custa votar o pé fóra, algo estraño...
Un suplicio só pensar en abrir o tinteiro, coller a pluma e garabatear unhas verbas...
Non escoito cantar o merlo...Xa o temía onte cando lle escoitei falar pola tarde co Amigo zapateiro sobre unhas tapas, él non usa zapatos que eu saiba, e hoxe é venres...
Hai espertares nos que semella que a noite agochounos o cartafol co pincel, a paleta e as cores...
Hai amenceres nos que non se escoita a música do tiovivo, porque desapareceron as corcheas e todo é silencio no pentagrama da Alma...
Hai abrentes grises tamén para os saxitarios, nos que non atopan a variña coa que conseguir que da chistera da mente saían voando as pombas. Pésanlles tanto as alas que nen en soños son quen de abrilas...
Hai días, querid@s Amig@s, nos que semella que espertamos nunha graneira por gaiola, rodeado de pólas e co ceo cuberto de arames...
Hai días nos que por fermoso que amenza non temos ollos na Alma...
Por moito que queiras nen o merlo canta...
HAI DÍAS...!!
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario