Amence o primeiro luns do Aninovo...
No banco dos zapateiros descansan subelas, coiros, zocos á espera dunhas chatolas.
Para tí, Xaquín, xa tódolos días son luns de zapateiros, non necesitas máis que pantuflas e o lume da lareira.
Eso non quere decir, Amigo merlo, que nada me preocupe, non me gusta o que ollo, sinto que necesitamos darlle un cambio radical ás nosas vidas como sociedade, un espello no que mirarnos, porque co rumbo que levamos remataremos nunha profunda fervenza.
Pois aproveita os bos propósitos que fixeches no brinde de fin de ano e, como páxaro que voas, acepta o consello destoutro que canta libre diante de toda a fermosura que abarca. Elixe a Nai Natureza como "BIBLIA" que che guíe, como eu fago...
Empápate de amenceres...
Emborráchate de solpores...
Refréscate nos ríos cristalinos...
Báñate nas musicais augas dos mares...
Abarca o azul dos ceos coas alas abertas...
Abre os ollos da Alma e imprégnate de cantos valores che ofrece a Natureza...
E, por enriba de todo, sobre o silencio da noite persigue os soños que necesites para manter viva a ilusión, para disfrutar de cada un dos recunchos do camiño polo que transites...
Sobre as follas da biblia da que che falo promete darlle cor a eses soños. O resultado será un Alma iluminada por un novo xeito de entender a vida.
Semella, merliño, que o descanso donte foi para ti man de santo. Hoxe son eu quen me atopo espeso, non debeu levedarme ben a masa, cústame seguirche o trino...Voltarei escoitalo paseniñamente.
Amenceu, querid@s Amig@s, o primeiro luns do Aninovo, sexas ou non zapateiro...
Podo prometer e prometo...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario