martes, 25 de enero de 2022

FLOR DE TOXO

 

  FLOR DE TOXO

 

Encontroume a noite

ollando pola xanela

escorrentando o medo que teño

escoitando os murmullos da aldea

 

pobriña de min

que non sabe ler no Ceo

o que na casa decian

cando faltaban os vellos

 

eran contos ou verdades

eu eso non cho sei

só sei que teño medo

e de medo morrerei

 

deixade flores de toxo

o pé da miña sepultura

para cando chegue o momento

de que a terra me acolla con ternura.

 

   Paki Espiño,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario