Toda a miña vida andei aire vendendo n´un fol.
Ahora que ja son vèllo, “gaiteiro dèitat´ò sol”.
Mozo que m´estàs à pòrta, para ti n´hai nada
dentro. Embózate n´a tua capa, mira donde sopla o vento.
(cantos
populares)
Son desgraciada, desgraciadiña; eu vivo, eu morro
toda d´amor. ¡Por qué te fuches, miña vidiña! ¡Por qué me deijas tal dolor!
(Albino
Camino)
Non quèro nada d´as vilas, nin quèro d´o meu
lugar; quero unha nena garrida que conocin junt´o mar.
O dia que nos casamos plantou Luis un laranjeiro,
hoje laranjas non da, que còme o meu vinculeiro.
(cantos
populares)
O que poda por Marzo, vindimia n´o regazo.
Se quères ter bo viño, engerta de boa cepa.
O viño fai d´o vello moziño.
O viño è, a sangre d´os vellos.
Con castañas asadas e sardiñas saladas n´hai ruin
de viño.
(ditos
populares)
Jesús
Guimarey Mascaró, 2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario