domingo, 26 de diciembre de 2021

REFLEXIÓN...UN XEITO DE VIDA

 Esperta no Val un día de cans...

No meu recordo a charla co meu "Sol" onte á noite, e a del con Papá Noel. Atópase por terras de Lugo visitando á súa avoa Marisol, moi preto do Cebreiro. Tamén o do gorro vermello, polo que me contou Xoel.
Vai a rematar o ano e nen unhas malas verbas lle adicastes ao Xacobeo, dime o merliño nada máis abrila fiestra.
Amigo merlo, penso no Cebreiro e ti vas dereito ao "Camiño", nótase que voando faise máis levadeiro.
É un símbolo del esa aldea, Xaquín. Aproveita, sei de boa tinta que te levantastes sen saber que ías contarlle hoxe aos teus Amig@s.
Sempre tes que estar descubrindo meus segredos, non fago bo teu, encarráxate logo cando diga que saes de joldra e non tes volta...
Pero xa que o traes a colación, salientarei algún dos aspectos positivos do "Camiño", tamén algún que non me gusta, non digo que no sexa, pero é o prezo que temos que pagar por todo o bo que para a Alma conleva...
Que trabucad@s estamos, larpeiro, cando nos facemos á idea de que o Paraíso está no ceo...
A Natureza móstranos en cada recuncho do percorrido imaxes que fan cóxegas nos sentidos, se non somos insensibles, algo que non ocorre con aquel@s que buscan rexenerar a Alma camiñando a Compostela...
O Paraíso existe detrás de calqueira esquina deste País noso que é Galicia...
Chegan os pelegrinos cansos a Piedrafita e han de seguir costa arriba, entre a neve moitas veces, un castigo a primeira vista, nada máis lonxe da realidade...
Rematada a subida van atoparse cunha aldea de postal, que retrotrae aos primeiros tempos da nosa historia, mágoa o mercantilismo que nela impera. Quizais doutro xeito, hoxe nen aldea do Cebreiro houbera...
O esforzo extra de desviarte para chegar arriba paga moito a pena...Ollar as montañas do Caurel ao fondo, antes de mercar un recordo e tomar un refrixerio, quedará para sempre na memoria...
Terra e ceo, verdes, azuis e morados, ás veces xunguidos por un vento xeado, é un anaco do Paraíso, para os que ven cos ollos da Alma...É un dos moitos exemplos para aquel@s que, aparte de ollar, senten...
Pode que doutro xeito, por moito que o 2022 fora declarado tamén Ano Xacobeo, poderoso cabaleiro, xamais poñas a mochila ao lombo...
Camiñar a Compostela convirtiuse nunha moda para moit@s...
Ser pelegrino, merliño, é outra cousa...
É UN XEITO DE VIDA...!!
Querid@s Amig@s, a pesares de estar un día de cans, como decía, e todo apunta a que empiore, traxe e gravata...
É domingo...!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario