É Nadal...
De días con ollos, e oídos nas noites, falan nestas datas os poetas...
De milagres e soños, un "arrexuntador de verbas" fala coa Alma...
Sobre o Xesteiras saúda o astro rei, un milagre..."Celebrémola Noiteboa", pareceume escoitarlle tras unha noite de lóstregos e chuvia a mares...
"Paz, Amor, Esperanza e Ledicia teñades nas vosas vidas, é Nadal...", así soa a panxoliña no tiovivo do Val...
No graneiro, ao lado do que se moven as follas dunha vella maceira, qué raro pois non hai vento, todo está xa calmo, ollo reflexado un simbolismo...
Aguzo o oído i escoito unha voz Amiga... Sobre os arames do que un tempo foi viña, asoma o merliño de gravata amarela e frac negro, xa preparado para a cea desta especial noite que nos espera...
Sae do seu peteiro un trino de "sentidiño", ao tempo que do máis fondo da súa Alma o desexo de que teñades, querid@s Amig@s, unha FELIZ NOITEBOA...
É Nadal, tempo de milagres...
De soños...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario