domingo, 12 de diciembre de 2021

REFLEXIÓN...LINDO DÍA DE SOL

 Alineáronse os astros...

Amigo merlo, non teño verbas.
É o sino dos sentimentais coma tí, Xaquín. Entendo que o día donte sega sendo hoxe un fermoso recordo polo cariño recibido de parte dos teus, reflexado no sorriso de Xoel. A imaxe dío todo.
Non son quen de expresar con verbas o inmensamente ledo que me atopo polo día que pasei a carón déles, merliño...
A pesares de "Barra", puñéronse dacordo tódolos astros do firmamento para que o meu corazón poidera disfrutar dun LINDO DÍA DE SOL.
Non podo esquecerme de vós, querid@s Amig@s, de darvos as grazas a tod@s cantos perdéstedes un minuto de tan preciado tempo para felicitarme. Mil perdóns se alguén se sente ofendido por non facelo persoalmente, sodes na miña vida un luxo.
Unha vida que non para, e no día dempois o carrusel sigue xirando, e debemos elexir a música de ambiente que queremos escoitar no tiovivo...
Paleta, pincel e cores, e a pintar no lenzo deste novo amencer, no libro da vida, a música máis linda posible no seu pentagrama...
Xira o carrusel, soa a música do capítulo de hoxe, que comeza dándovos as grazas a tod@s por estar sempre a meu lado...
"Cada día máis lindo, máis lindo...", pareceume escoitar que cantaba o merliño...!!



 Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario