sábado, 25 de diciembre de 2021

REFLEXIÓN...FELIZ NADAL

 Quizais estea tolo...

Pode, tamén, que a cea non me sentara ben...
O caso é que a noite dou para moito, e ata o "páxaro loco", ao que de pequerrecho ollaba na televisión, votoume un rapapolvos...Díxome que os páxaros non falan, e dimo él...
Eu, como tod@s sabedes, teño un páxaro Amigo, o merliño, co que a miúdo manteño conversas, ou él conmigo, xa non sei...Algo non cadra, de cualquer xeito.
Canta razón ten o páxaro loco, estás tolo de remate, estades pensando algúns.
Só algúns, Xaquín...? Jajajaja..., cal vai ser o paso seguinte se xa falastes co páxaro loco...?
Díxome, merliño, que era Amigo teu. Vexo que no mundo dos páxaros, coma no da xente, cada un cos seus.
Carallo, tiras a dar, e sen tirapedras no peto.
Caladiño, ás veces, estás máis guapo, como tí me dis a min. O tirapedras teño hoxe na língua, larpeiro, era bo de ollar.
Pode que estén no certo aquel@s que, sendo benévolos, pensan que teño unhas pingas, quén non...
Quizais a cea non me sentou ben e teña un pesadelo, é o que ten pasarte en Noiteboa co cava e o turrón...
Complícase a cousa se, xa esperto, digo que é o "Sol" quen vos desexa un moi FELIZ NADAL.
Eu diría que todo elo é unha forma de conseguir que broten as palabras, nada fácil para min, que afloren os sentimentos que doutro xeito quedarían afogados alá dentro...
Ou a través da retranca decir catro cousas que penso, e non gustan moitas veces, sentíndome liberado votándolle a culpa a un páxaro, vaia Amigo dél que son.
Querid@s Amig@s, é verdade que as noites poden dar para moito, o que desbarrei, non fagades caso algún...
Traxe, gravata e arriba esa copa, brindemos por estar tod@s aquí...
É o día de Nadal...!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario