Amence o día dempois...
Xaquín, nótoche raro, que che pasa...?
Amigo merlo, a lotería de Nadal pasou de longo coma sempre, nen unha triste pedrea...
Moitos son os chamados e poucos os elexidos, xa o decía a Biblia, e coido que a min deberon excomulgarme.
Positiva, Amigo, mellor eso que unha pedrada. É o DÍA DA SAÚDE i estamos aquí, suficiente...
Deixamos atrás o solsticio de inverno, van a menos as noites, aumenta a luz pouco a pouco e para a primavera que adoras só queda unha carreiriña de can. Oxalá tamén para a desaparición do bichoco...
Son as luces da noite, con todo, as que consiguen iluminarnos ás veces, e nun abrir e pechar de ollos pode trocar a sorte...
Reis está na volta da esquina cun novo sorteo, pero antes vou darche un consello.
Non chega con consultar aos oráculos, córrelo risco de atopalos durmindo, como debeu pasarlles onte aos presidentes na Conferencia, nen con tódalas luces do firmamento, o posible número do premio.Terás que pasar logo a mercalo, ou soñalo de nada vai valerche.
Semella, merliño, que teu trino chega hoxe cargado de retranca. Consultarei cos astros e, se teño más sorte que os nosos dirixentes, afloxarei o peto de contado.
Querid@s Amig@s, é o Nadal tempo de paz, de ilusión, de esperanza, que non falte o humor tampouco...
Brindemos hoxe pola saúde, o realmente importante...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario