domingo, 28 de noviembre de 2021

REFLEXIÓN...OLLO COA NOITE!

 De súpeto, escoito o canto dun moucho...

A vida é unha caixa de sorpresas, nunca sabes o que podes atoparte na volta dunha esquina, quizais por élo pague tanto a pena vivila.
Pudeches elexir un canto algo máis atraínte para pórme os cornos, Xaquín. O moucho, más que cantar, miaña coma un gato.
Tí celoso, Amigo merlo, jajajajaja... Saín ao balcón antes de irme á cama para ollar se xa te atopabas no niño e darche as boas noites. Non está o tempo para andar de picos pardos nen de viños, mesmo fora venres pola noite; fai un frío do carajo, non sei se sairía siquera o Amigo zapateiro a tomar un mencía...
Por moitos cantos de serea, curuxas ou mouchos que escoite...
Por moitos arcos da vella e fogos artificiáis que olle na noite, tan propensa a confundirnos, xamais, merliño, vou alonxarme de Amig@s que me digan as cousas á cara, sen hipocresías, como tí fas sempre...
A noite pasa, de novo chega o día e debemos pór os anteollos de ver claro, rodearnos d@s verdadeir@s Amig@s, aquel@s que van decirnos o que pensan, aínda que saiban que, de primeiras, poida doernos...
Os demais son simples pasamáns que soen aparecer a miúdo tralo solpor, pero aos que lles importamos unha merda, con perdón...
Sabes que escoitar o canto dun páxaro ilumina a miña vida, pero non significa rendirme a uns intres de luxuria escoitar o moucho na noite, por fermosos ollos que teña ou extraño que cante, mesmo a ensoñadora lúa mo mostre reflexado no graneiro, preto do teu niño...
Sei que chegado o caso, merliño, tí sairás ao meu rescate se me confunde o canto dun moucho...
Querid@s Amig@s, OLLO COA NOITE...
Pode trabucarnos...!!




Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario